“Galicia pode xogar un papel moi relevante en enerxías renovables” (2024)

O Workshop Atlántico sobre Economía Enerxética e Ambiental que se celebra cada dous anos dende 2004 pon fin esta semana a dúas décadas de traxectoria nas que foi capaz de atraer aos principais investigadores e aos responsables de deseñar as políticas mundiais. Durante o xoves e o venres, A Toxa convertirase de novo en epicentro do debate climático dende a perspectiva das ciencias sociais.

–Por que finaliza unha iniciativa tan exitosa e que reuniu a tantos expertos de primeiro nivel todos estes anos?

–Por varios motivos. Primeiro, porque os obxectivos foron máis que cumpridos. Tiña sentido nun momento no que nos interesaba ubicar aos investigadores da UVigo, aos españois incluso, no ámbito internacional e iso xa foi conseguido dabondo. Segundo, porque é un evento custoso en termos organizativos e non é doado manter esta iniciativa por sempre. E terceiro, porque, aínda que o formato segue sendo moi exitoso, hai que dar paso a outras opcións e estamos considerando cos nosos socios dos últimos anos, a ETH suiza e a universidde alemá de Bochum, continuar nalgunha outra localización ou alternar Galicia con outras ubicacións. Para un evento académico vinte anos son moitos e creo que hai que pechar estas cousas cando están no seu apoxeo, no punto máis álxido. E eu diría que esta última edición é probablemente a mellor. Hai que saber retirarse nun bo momento. Non é, dende logo, un síntoma de fracaso ou agotamento, senón todo ocontrario.

–Que destacaría máis destes anos, a creación dunha rede internacional de científicos ou a posibilidade de inspirar políticas?

–É un workshop fundamentalmente académico e seguramente dos máis importantes a nivel global. É un evento pequeno, dunhas 50-60 persoas, pero prácticamente calquera dos economistas climáticos ou ambientais de Europa, EE UU ou Xapón o coñecen. E iso xa é un grande logro, ternos posto no mapa académico internacional. Máis do 90% dos participantes veñen de fóra de España e da Península. É un polo atractor. Por que? Porque conseguimos unha combinación moi boa dos grandes expertos do ámbito, que levan anos vindo e moitos deles repetindo continuamente, cos novos investigadores, doutorandos ou que están acabando a súa tese. Dende hai anos estamos analizando a fronteira do coñecemento nestes ámbitos cos seus grandes autores e pensadores e tamén coas novas xeracións. E a principal contribución é académica. Pero, dito isto, o workshop tamén está moi volcado na realidade das políticas enerxéticas e climáticas. Este ano temos unha mesa moi potente con membros da academia que asesoraron ao goberno Chinés ou que participaron en negociacións internacionais de cambio climático e tamén con expertos da Comisión Europea e o Banco de España. Hai un feedback entre os académicos e o mundo da política e tamén o empresarial en ocasións. Durante vinte anos, por aquí pasou a flor e nata do noso ámbito, os grandes inspiradores como o premio Nobel Bill Nordhaus. É un evento que permite traballar moito en rede, situarnos a nós dentro desa rede e tamén que haxa xente que queira vir aquí para estar en contacto cos grandes investigadores mundiais.

“Galicia pode xogar un papel moi relevante en enerxías renovables” (1)

–Falar hai 20 anos de economía enerxética e ambiental todavía era algo novidoso.

–No 2004 apostar por isto non estaba nada claro. E sempre o fixemos ademais desde unha perspectiva moi ambiental e de políticas climáticas, aínda que cun compoñente enerxético moi importante porque son cuestións moi vinculadas. Foi o grande éxito tamén deste encontro, que foi crecendo e aquí se debatiu, practicamente recén nado, sobre o mercado europeo de comercio de emisións, ou as negociacións internacionais. Tivemos discusións moi profundas antes de chegar ao Acordo de París, por exemplo, once anos despois da primeira edición. Eses invitados na fronteira do coñecemento que estiveron vindo foron grandes contribuidores a moitas das solucións que temos hoxe.

–Nesta última edición abordarán de novo temas de grande actualidade.

–Si, por exemplo, moitos temas que están na rúa como que vai pasar co transporte, que barreiras hai para a electrificación ou que necesitamos para que o vehículo eléctrico acade a importancia que vai ter para a transición enerxética. Tamén cuestións sobre enerxía solar, negociacións internacionais e como avanzar máis rápido ante a emerxencia climática na que estamos. Este ano temos como invitado a Roberto Metcalfe, un dos grandísimos expertos mundiais da economía experimental para cuestións climáticas. É un campo moi importante hoxe e busca levar ás cuestións económicas a idea dos experimentos das ciencias. E a mesa de políticas climáticas é de primeiro nivel porque temos aos grandes decisores mundiais como a galega Beatriz Yordi, responsable dos mercados de carbono e das políticasde transporte sostible da Comisión, Zhang Xiliang, un gran inspirador das políticas que ten hoxe China, ou Soledad Nuñez, do Banco de España.

–Durante todos este anos do evento teñen sido coorganizadores o grupo Rede da UVigo, Ecobas e o centro Economics for Energy.

–Isto xurde como unha iniciativa de Rede e despois creouse Economics for Energy, do que eu son codirector, no que a Universidade de Vigo tamén participa e que tivo un rol moi importante na organización dun evento deste nivel. A UVigo sempre estivo moi vinculada dende o principio, de feito, o peche en A Toxa o venres faino o reitor. E, nos últimos anos, tamén Ecobas ten xogado un papel fundamental. Como centro interuniversitario moi centrado no ámbito da sostenibildade, polo nivel académico dos seus investigadores e pola súa necesidade de internacionalización, o Workshop Atlántico é un evento prioritario.

–Dende maio do ano pasado, vostede é ademais o seu director.

–Son un investigador fundador de Ecobas dende o primeiro momento e o ano pasado incorporeime á directiva en sustitución de Carlos Hervés. Ecobas é un instrumento fundamental. Xoga o papel de reforzarnos académicamente aos investigadores das tres universidades galegas e apoiar as ciencias sociais no ámbito da sostibilidade. E tamén de ser quen de influir na sociedade, nas empresas, nos concellos e no Goberno galego para que tomen decisións informadas co traballo que facemos.

–Poder recurrir a investigadores que teñen contacto con expertos de referencia como os que participan no workshop é unha sorte e, dende logo, algo que potenciar.

–Galicia pode xogar un papel moi relevante no ámbito das enerxías renovables e da biodiversidade. Somos un país moi dotado de recursos naturais e realmente temos que protexelos e beneficiarnos deles.O traballo dos investigadores en ciencia sociais pode axudar a isto e en Ecobas hai moita xente con grandes capacidades e contactos internacionais e que facemos eventos de primeiro nivel. Ecobas é un grande logro e unha aposta moi importante desde Vigo e por parte doutros investigadores galegos. A sede física está aquí pero a súa directora científica é María Loureiro, da USC, unha experta de moito prestixio.

Suscríbete para seguir leyendo

“Galicia pode xogar un papel moi relevante en enerxías renovables” (2024)

References

Top Articles
Latest Posts
Article information

Author: Golda Nolan II

Last Updated:

Views: 5751

Rating: 4.8 / 5 (78 voted)

Reviews: 85% of readers found this page helpful

Author information

Name: Golda Nolan II

Birthday: 1998-05-14

Address: Suite 369 9754 Roberts Pines, West Benitaburgh, NM 69180-7958

Phone: +522993866487

Job: Sales Executive

Hobby: Worldbuilding, Shopping, Quilting, Cooking, Homebrewing, Leather crafting, Pet

Introduction: My name is Golda Nolan II, I am a thoughtful, clever, cute, jolly, brave, powerful, splendid person who loves writing and wants to share my knowledge and understanding with you.